martes, 14 de abril de 2020

TINTA INVISIBLE:

Xoga aos detectives creando mensaxes secretas que só os mellores investigadores poden resolver.
Material:
  • pincel ou pau
  • folio branco
  • limón
  • auga 
Pasos:
Coa colaboración dun maior, exprime o limón nun bol e engade unha culler de sopa de auga. Mestura e, coa axuda dun pau ou pincel, escribe a túa mensaxe no papel. Deixar secar. Pon unha vela debaixo (sen poñer o papel demasiado preto) e podes ler a mensaxe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario