viernes, 15 de mayo de 2020

UN AGASALLO PARA VÓS!!

Ola rapaces! Como a profe Sonia xa está boa, chegou a hora de despedirme, pero non quería facelo sen antes deixarvos un pequeno agasallo, espero que vos guste! O mellor agasallo para min foi compartir estes meses con vós! Moitos bicos! 💚💙💛

MOI BEN NENOS E NENAS!!

E por aquí vos deixo unha mostra do ben que o estades a facer! Seguide así que podedes!






jueves, 14 de mayo de 2020

COMUNICADO FAMILIAS

Ola familias! Espero que todo vaia ben! Quero felicitar ós nenos polo seu esforzo, que nestes tempos non é pouco, o están a facer moi ben! Ademais quero recordarvos que tanto eu coma os meus compañeiros especialistas estamos á vosa completa disposición para resolver todas as vosas preguntas, non dubidedes en contactar con nós! Xa sabedes que podedes seguir enviando fotografías da resolución das actividades que propoñemos dende o cole pero tamén de todas aquelas que estades a facer por conta propia. Recordade que no lateral deste blogue tedes os enlaces directos ós blogues dos especialistas e dos equipos do cole, nos que se vos propoñen actividades moi interesantes. A continuación vos deixo o listado dos correos de cada de nós para que o teñades máis a man.

Un saúdo e un bico moi forte para cada un deses pequenos! 💓💕💖💗💝

Bibiana

Bibiana (titora): bugarinalpoim@edu.xunta.gal
Lidia (música): lidiacaes@gmail.com
Martín (E.F.): martinpazo@edu.xunta.gal
Angie (inglés): acpazos@edu.xunta.gal
Ángeles (relixión): angeles.miguel@edu.xunta.gal
Susana (orientación): susanaespinar@edu.xunta.gal

Bitmoji Image

lunes, 11 de mayo de 2020

RETO DAS LETRAS GALLEGAS

No calendario de retos do blogue “O faro de Sárdoma” para hoxe se vos propón a actividade “Caricaturas divertidas”: Saca a relucir o teu lado máis artístico e realiza unha caricatura ou un retrato a partir da seguinte fotografía de Ricardo Carballo Calero. 


Envía a fotografía do teu traballo á direción de correo:

Recordade que podedes facer e enviar calquera dos retos que se vos propoñen para cada día no calendario. Pica no calendario para acceder.




CEIP SÁRDOMA-MOLEDO SEGUE A MOVERSE!!!

O profe Martín no seu blogue vos propón esta semana enviar fotos ou pequenos vídeos de como vos estades movendo e facendo actividade física. Con elas fará outro pequeno montaxe que seguro que vos gusta.
Enviade as fotos ou vídeos a dirección de correo electrónico ticsardomamoledo@gmail.com.
Vos deixo o enlace á actividade do seu blogue. Picade na imaxe para vela.