lunes, 4 de mayo de 2020

VOLCÁN CASEIRO

Queres facer un experimento? Recorda que debes pedir axuda a un adulto. Consiste en trasformar escuma de xabón en lava que sairá do seu frasco mesturando vinagre e bicarbonato.

Materiais: 
  • Frasco de vidro 
  • Xabón de pratos 
  • Vinagre 
  • Bicarbonato
  • Colorante alimentario 
  • Bandexa 
Pasos:
  • Enche ¼ do recipiente con vinagre. 
  • Engade unhas pingas de colorante. 
  • Pon un chorriño de xabón de vaixela e remove. 
  • Agrega unha cullerada de bicarbonato. 
  • Coloca o bote sobre unha bandexa e espera a ver como o teu volcán caseiro entra en erupción.
Explicación: 

O vinagre e o bicarbonato xuntos provocan unha reacción química que ocasiona unha erupción que fará que o xabón empece a liberar escuma e creza ata saír do seu recipiente.





No hay comentarios:

Publicar un comentario