Materiais:
- Un vaso alto, tarro ou similar. Aos nenos resultaralles máis fácil se é de boca ancha.
- Varios vasos con volumes máis ou menos iguais de distintos líquidos. Por exemplo, nesta orde: mel, ketchup, deterxente para os pratos, auga, aceite para cociñar e alcol.
- Colorante (opcional) para a auga e o alcol.
- Culleres.
Procedemento:
Empeza poñendo o líquido máis denso no fondo do vaso. Segue engadindo líquidos en densidade decrecente.
Consellos para que todo saia ben:
Ao botar os líquidos máis viscosos coma o mel, o ketchup e o deterxente tenta que caian no centro do vaso para que non queden pegados ás súas paredes interiores.
Cos líquidos menos viscosos tes que facelo moi amodo e con coidado de non perturbar as capas anteriores. Para facilitar o proceso podes facer que o líquido caia previamente sobre unha culler antes de chegar á capa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario